LEANDRO - LÓPEZ

Ofrecemos apoio cercano, servizos íntegros e unha atención personalizada nos momentos máis difíciles.

FUNERARIAS EN TABOADA E MONTERROSO
Contacto
55+ Anos de experiencia
Sobre nós

Ao teu carón dende 1971, co trato cercano de sempre

Empresa establecida nas comarcas da Ribeira Sacra e da Ulloa, dedicada á realización de servizos funerarios nas localidades de Taboada e Monterroso. En momentos de sufrimento pola perda dun ser querido pomos a súa disposición ao longo dos 365 días do ano durante as 24 horas.

Máis información

Servizo 24 horas

Dispoñemos de servizo de funeraria e tanatorio as 24 horas do día os 365 días do ano.

Realizamos un trato personalizado co maior dos respectos ao defunto e aos seus familiares, poñéndonos á túa disposición para cubrir todas as túas necesidades, como poden ser de floristería, traslados, lápidas, etc.

Que ofrecemos

Servizos

Tanatopraxia e tanatoestética

Somos especialistas no conxunto de técnicas que se aplican sobre o corpo do defunto para a súa limpeza, conservación, embalsamamento, restauración, reconstrución e coidado estético.

Esquelas murais, internet, prensa, radio, etc.

Encargámonos do reparto das esquelas murais, así como da súa publicación nos diarios, emisoras de radio e internet.

Certificados de defunción

O certificado de defunción é o documento oficial que acredita o falecemento dunha persoa, encargámonos de xestionalo e solicitalo.

Solicitudes de viuvez, orfandade e últimas vontades

Encargámonos de todos os certificados e solicitudes do falecido.

Lápidas, placas e xestión de cemiterios

Escolle o modelo de lápida que mellor se adapte ás túas necesidades de entre o noso extenso catálogo.

Traslados

Encargámonos de calquera tipo de traslado Local, Provincial, Nacional ou Internacional.

Floristería

Poñemos á túa disposición o noso servizo de floristería mediante o que poderás adquirir coroas, ramos, centros e calquera outro arranxo floral que desexes para o funeral do teu familiar ou amigo.

Atendemos todas as pólizas de decesos

A vida ten momentos marabillosos para gozar e momentos duros nos que queremos que non teñas que ocuparte de nada.

Necrolóxicas

SEGUNDA FERNÁNDEZ YEBRA

20 de noviembre de 2026

A SEÑORA DONA SEGUNDA FERNÁNDEZ YEBRA (Viúva de Eusebio Díaz Rodríguez) “Casa Menor” Finou en Friamonde, Taboada, o día 20 de novembro do 2026, ós 91 anos. D.E.P. Os seus fillos, Marta e Roberto Díaz…

Máis información

SEVERINO MONTES MARCOS

17 de noviembre de 2026

EL SEÑOR DON SEVERINO MONTES MARCOS Falleció en Taboada, el día 17 de noviembre de 2026, a los 80 años. D.E.P. Sus hijos, Dulce Mª Montes Gómez; Mª del Pilar y José Alejandro Montes; hijos políticos,…

Máis información

CELSO NOVO AMOR — 1º cabodano

21 de noviembre de 2026

CABODANO DO SEÑOR DON CELSO NOVO AMOR (Casa Roán de Sestelo) Finou en “Casa Fuseira” de Castromaior, Portomarín, o día 19 de novembro do 2025, ós 89 anos. D.E.P. A súa muller , María Navia Gay;…

Máis información

DOLORES FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ — 1º cabodano

21 de noviembre de 2026

C ABODANO DA SEÑORA DONA DOLORES FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (Viúva de Daniel Cagide González) Finou en “Casa Jesusa” de Suar (Casadenaia, Antas de Ulla), o día 21 de novembro do 2025, ós ­­­88 anos. D.E.P.…

Máis información

Instalacións