Esta política de privacidade establece a forma na que se van xestionar os datos persoais nesta web. É imprescindible que a leas e a aceptes antes de seguir navegando.
leandrolopez.es é un proxecto de LEANDRO LÓPEZ S.L., cuxo CIF é B27228873.
Entre os valores cos que nos identificamos atópase a transparencia, por iso desexamos que saibas desde o primeiro momento que a privacidade dos teus datos é moi importante para nós. Nesta declaración de privacidade explícase que datos persoais recollemos dos nosos usuarios e como os utilizamos. Convidámoste a ler con atención estes termos antes de facilitar os teus datos persoais nesta web. As persoas maiores de trece anos poderán rexistrarse en leandrolopez.es como usuarios sen o consentimento previo dos seus pais ou titores.
No caso dos menores de trece anos, requírese o consentimento dos pais ou titores para o tratamento dos seus datos persoais. En ningún caso se recollerán do menor datos relativos á situación profesional, económica ou á intimidade dos demais membros da familia sen o consentimento destes. Se es menor de trece anos e accediches a este sitio web sen avisar os teus pais, non debes rexistrarte como usuario.
Nesta web respéctanse e protéxense os datos persoais dos usuarios. Como usuario, debes saber que os teus dereitos están garantidos.
Esforzámonos en crear un espazo seguro e fiable, por iso queremos compartir os nosos principios respecto á túa privacidade:
-
Nunca solicitamos información persoal, salvo que sexa necesaria para prestarche os servizos que nos requiras.
-
Nunca compartimos información persoal dos nosos usuarios con ninguén, excepto para cumprir coa lei ou no caso de que contemos coa túa autorización expresa.
-
Nunca utilizaremos os teus datos persoais cunha finalidade diferente á expresada nesta política de privacidade.
Cómpre advertir que esta Política de Privacidade podería variar en función de esixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella aos usuarios que a consulten de forma periódica. Será aplicable no caso de que os usuarios decidan cubrir algún formulario de contacto no que se recollan datos de carácter persoal.
FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ adaptou esta web ás esixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), e ao Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de desenvolvemento da LOPD. Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas (RXPD), así como coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSICE ou LSSI).
Responsable do tratamento dos teus datos persoais
-
Identidade do Responsable: LEANDRO LÓPEZ S.L.
-
Nome comercial: FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ
-
NIF/CIF: B27228873
-
Enderezo: Rúa Poeta Curros Enríquez, 3 Baixo, 27550 Taboada (Lugo)
-
Correo electrónico: info@leandrolopez.es
Para os efectos do previsto no Regulamento Xeral de Protección de Datos antes citado, os datos persoais que nos envíes a través dos formularios da web recibirán o tratamento de datos de «Usuarios da web e subscritores».
Para o tratamento dos datos dos nosos usuarios, aplicamos todas as medidas técnicas e organizativas de seguridade establecidas na lexislación vixente.
Principios que aplicaremos á túa información persoal
-
Principio de licitude, lealdade e transparencia: sempre solicitaremos o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais para un ou varios fins específicos, dos que te informaremos previamente con absoluta transparencia.
-
Principio de minimización de datos: só solicitaremos os datos necesarios en relación cos fins para os que os requirimos.
-
Principio de limitación do prazo de conservación: os datos conservaranse durante o tempo necesario para os fins do tratamento.
-
Principio de integridade e confidencialidade: os teus datos serán tratados de xeito que se garanta unha seguridade adecuada e a súa confidencialidade, adoptando todas as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou o uso indebido por parte de terceiros.
Como obtivemos os teus datos?
Os datos persoais que tratamos en FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ proceden do formulario de contacto da web e das solicitudes de información sobre os nosos servizos.
Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ estamos tratando ou non datos persoais que lle concirnan.
As persoas interesadas teñen dereito a:
-
Solicitar o acceso aos datos persoais relativos á persoa interesada.
-
Solicitar a súa rectificación ou supresión.
-
Solicitar a limitación do seu tratamento.
-
Opoñerse ao tratamento.
-
Solicitar a portabilidade dos datos.
As persoas interesadas tamén terán dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso a Axencia Española de Protección de Datos, se consideran que o tratamento dos datos persoais que lles concirnen infrinxe o Regulamento.
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Cando un usuario se conecta con esta web, por exemplo, para enviar un correo ao titular ou realizar algunha consulta sobre os nosos servizos, está facilitando información de carácter persoal da que é responsable FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ. Esa información pode incluír datos como o teu enderezo IP, nome, enderezo físico, enderezo de correo electrónico, número de teléfono e outra información. Ao facilitar esta información, o usuario presta o seu consentimento para que a súa información sexa recollida, utilizada, xestionada e almacenada por leandrolopez.es, só na forma descrita no Aviso Legal e nesta Política de Privacidade.
Formulario de contacto: solicitamos os seguintes datos persoais: nome e correo electrónico, para responder aos requirimentos dos usuarios de leandrolopez.es. Por exemplo, podemos utilizar eses datos para responder á túa solicitude e ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquedanzas que poidas ter relativas á información incluída na web, aos servizos que se prestan a través da web, ao tratamento dos teus datos persoais, ás cuestións referentes aos textos legais incluídos na web, así como a calquera outra consulta que poidas formular.
Lexitimación para o tratamento dos teus datos
A base legal para o tratamento dos teus datos é o consentimento. Para contactar con esta web requírese a aceptación desta política de privacidade.
Categoría de datos: as categorías de datos que se tratan son datos identificativos. Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.
Durante canto tempo conservaremos os teus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación co usuario e ata que a persoa interesada solicite a súa supresión.
A que destinatarios se comunicarán os teus datos?
Os teus datos non se ceden a terceiros, salvo por obriga legal. Os prestadores tecnolóxicos que dan soporte a esta web (aloxamento e correo electrónico) tratan os datos unicamente coa finalidade de prestar estes servizos a LEANDRO LÓPEZ S.L., baixo as correspondentes garantías de protección de datos.
Navegación
Ao navegar por leandrolopez.es pódense recoller datos non identificativos, que poden incluír enderezos IP, localización xeográfica aproximada, un rexistro do uso dos servizos e sitios e outros datos que non poden ser utilizados para identificar o usuario. Máis información na nosa Política de Cookies.
Segredo e seguridade dos datos
leandrolopez.es comprométese no uso e tratamento dos datos persoais dos usuarios, respectando a súa confidencialidade e utilizándoos de acordo coa finalidade destes, así como a cumprir coa obriga de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente en materia de protección de datos.
Esta web inclúe un certificado SSL. Trátase dun protocolo de seguridade que permite que os teus datos viaxen de forma íntegra e segura; é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e un usuario web, e viceversa, está cifrada por completo.
Exactitude e veracidade dos datos
Como usuario, es o único responsable da veracidade e corrección dos datos que remitas a leandrolopez.es, exonerando a LEANDRO LÓPEZ S.L. (FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ) de calquera responsabilidade ao respecto. Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados e comprométense a mantelos actualizados.
Aceptación e consentimento
O usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos de carácter persoal, aceptando e consentindo o seu tratamento por parte de LEANDRO LÓPEZ S.L. (FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ) na forma e para as finalidades indicadas nesta política de privacidade.
Revogabilidade
O consentimento prestado, tanto para o tratamento como para a cesión dos datos das persoas interesadas, pode revogarse en calquera momento comunicándollo a LEANDRO LÓPEZ S.L. (FUNERARIA LEANDRO LÓPEZ) nos termos establecidos nesta Política. Esta revogación non terá, en ningún caso, carácter retroactivo.
Cambios na política de privacidade
LEANDRO LÓPEZ S.L. resérvase o dereito a modificar esta política para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como ás prácticas da industria. Nestes supostos, LEANDRO LÓPEZ S.L. anunciará nesta páxina os cambios introducidos cunha antelación razoable á súa aplicación.
Correos comerciais
De acordo coa LSSICE, leandrolopez.es non realiza prácticas de correo non desexado, polo que non envía por medios electrónicos correos comerciais que non fosen solicitados ou autorizados previamente polo usuario.